ARELAS foi convidada para compartir palestra no 25 Aniversario de RQTR da Complutense de Madrid, a primeira asociación universitaria de Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais creada en España, e que contou entre xs seus creadorxs con Lucas Platero.

Na nosa intervención falamos de cómo ten evolucionado a realidade da infancia trans e as súas familias na Galiza nestes últimos anos, e do importante que está sendo a implantación do Protocolo Educativo Galego sobre Identidade de Xénero que impulsamos desde ARELAS.