Hoxe ARELAS tivo a oportunidade e a sorte de poder achegar algúns dos seus coñecementos sobre diversidade afectivo-sexual e familiar a profesionais do concello de Compostela.
Queremos agradecer moito a equipa da Casa Xohana Torres , Compostela, territorio das mulleres e a Concellaría de Igualdade, Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago de Compostela a confianza, dispoñibilidade e medios para poder levar a cabo esta formación impartida por Miguel Vieito Villar e Cristina Palacios.
Ogallá moitos máis profesionais queiran ampliar os seus coñecementos para un mellor acompañamento das vivencias LGTBIQA+.
Seguimos!