O CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Valga xa montou a mostra de mulleres trans referentes feito por ARELAS.
Por si alguén anda despistadx: presentamos este novo material con motivo da celebración do 8 M, día da Muller, coincidinte no mes que se celebra o Día Internacional da Visibilidade Trans. O facemos como unha ferramenta contra a discriminación e a invisibilidade das mulleres trans en datas sinaladas., para darlles o seu espazo na loita feminista contra as violencias e desigualdades machistas.
Queremos sensibilizar e concienciar a toda a sociedade de que as rapazas e mulleres trans que dende a súa infancia e adolescencia loitan contra o rexeitamento social, son presas da desigualdade xerada polo cisheteropatriarcado. Ao igual que calquera muller, tamén son víctimas da discriminación machista e teñen que loitar contra o acoso sexual, a violencia de xénero, a fenda laboral e salarial. Pero tamén contra os prexuizos, o rexeitamento familiar e social, a falla de referentes positivos, a deficiente formación e a falta de capacitación laboral, obstáculos moi importantes para o apoderamento e a integración social destas mulleres. Podes ver todo o material aquí: https://asociacionarelas.org/programas/material-8m2022/ .
Precisamos, agora máis que nunca, sororidade e #feminismoinclusivo para Transformar a sociedade! Porque #otranséreal e #asmullerestransnonmeborran
Aquí podes ver e descargar tamén o material do ano pasado por si queredes engadilo: https://asociacionarelas.org/gl/programas/material-8m/
De novo, queremos agradecer o traballazo de Prince Vidal que ilustra e maqueta como o gran artista que é. Marabilla.
Oxalá nos axudedes a difundilo e o utilicedes coa mesma alegría co que nós fixémolo. Unha aperta transfeminista!