Celebración do Orgullo en Compostela coa proxección do documental “Mi pequeño gran Samurai”, presentado por Elaxar Lersundi. Canto amor polo seu fillo, canta realidade e forza, canta reconciliación, canta lección de vida. Unha familia que hai que coñecer e recoñecer moitísimo. Un espello no que mirarse sempre.
Grazas infinitas pola vosa labor @Anuska e Elaxar Lersundi e grazas por compartir con nós o día de onte. A familia de ARELAS, é a vosa familia agora e sempre.
Agradecer tamén a Mercedes Rosón Ferreiro e a súa concellería e, ao centro don Bosco, por facilitarnos os medios e o espazo para que todo isto fora unha realidade.
Grazas a todxs os que onte enchestes o salón e nos e arroupástenos neste recoñecemento tan necesario.
Viva Ekai e a súa memoria sempre!

Todas as actividades son abertas para quen queira vir, só pedimos xente con moitas gañas de pasalo ben.
Pecharemos a xornada cun concertazo de @ThetetasVan.

Aproveitamos para agradecer moitísimo a nosa “fotógrafa persoal”, Monica Rodriguez Outeda estas instantáneas tan fermosísimas que resumen perfectamente a xornada.
Vivan os orgullos!