O 5 de xuño dende ARELAS impartimos unha charla no IES Carlos Casares de Vigo ó alumnado da ESO e BAC, un instituto que se está a sumar a moitos outros na celebración e visibilización da diversidade sexual, algo que como entidade e familias agradecemos enormemente.
Dentro da celebración da II Semana de Diversidade LGTBIQA+ do IES Politécnico de Vigo, ARELAS interveu ca charla “A Revolución Trans que loita por vidas + vivibles”. Unha semana e un centro referente de boas prácticas e bon facer dende os centros educativos galegos na visibilidade, f
O día 14 de maio ARELAS impartiu 3 charlas no IES Maruxa Mallo de Ordes onde tivemos a oportunidade de informar e sensibilizar a máis de 170 alumnxs da ESO e profesorado sobre a realidade trans infanto-xuvenil e sobre diversidade sexual.
O 2 de maio acudimos ó concello de Gondomar ca campaña fotográfica itinerante “Sorrisos Transformadores”. Achegando de novo a transexualidade infanto-xuvenil o alumnado do IES Terra de Turonio e o IES Auga de Laxe.
O 17 de abril acudimos ca campaña fotográfica itinerante “Sorrisos Transformadores” ó CPI Cova Terreña de Baiona, para achegar de novo a transexualidade infanto-xuvenil a través dunha charla e dunha mostra con 10 fotografías onde aparecen persoas trans con importante mensaxes.
O 11 de abril acudimos o IES Félix Muriel de Rianxo a dar unha charla sobre diversidade sexual e de xénero e a realidade trans infanto-xuvenil a todo o alumnado da ESO.
O 6 de abril acudimos o CEIP Os Roxos para achegarlle en dúas sesións a todo o alumnado de primaria, en qué consiste a diversidade sexual e de xénero. Toda unha experiencia cun alumnado tan xoven que é capaz de entender perfectamente o necesario de coñecer e visibilizar todas as formas de amar
Charla xs profesionais de Disney España en Madrid.
Charla o alumnado de 6º do CEIP San Roque de Darbo, en Cangas
Marzo 30,2018
Charla o alumnado do Ciclo de Educación Infantil do Centro Integrado de Formación Profesional A Xunqueira, en Pontevedra

Charla o alumnado do Ciclo de Educación Infantil do Centro Integrado de Formación Profesional A Xunqueira, en Pontevedra