Como a vida segue e non todo pode ser a violencia dos últimos tempos, en ARELAS, seguimos traballando pola visibilidade e a sensibilización desde o positivo, poñendo as vidas das persoas trans no centro.
Por iso presentamos o noso super calendario solidario 2023, onde nos quixemos centrarnos en todas esas fantásticas profesións e todas esas cousas e loitas que tantas persoas fan no seu día a día, SER QUEN SOMOS, e o que facemos!.
Un calendario que conta con xente tan linda como @LauraBugalho pedagoga e sindicalista, Lucas Platero, psicólogx e profe, Marina Sáenz, Catedrática de Dereito Mercantil, Rubén CT, educador social e pai xestante, Daniela Ferrández, Investigadora e Doutora en Historia, Leo Mulió, psicólogo e activista, Éric Dopazo, profesor e músico, Lola Rodríguez, actriz coñecida pola serio “La Veneno”, Sara Romero, informática e entrenadora de fútbol, Nee Barros, escritore e youtubere, Eli Ruiz, estudante e Mar Cambrollé, histórica activista polos dereitos das persoas trans.
Un luxazo de calendarios que podedes compralos por 10€, solicitándoos a este correo arelasasociacion@gmail.com.
Podedes velo nun vídeo nas nosas redes no que ademáis lle poñemos banda sonora dxs grandes Thetetasvan Van con esta canción versionada, letra feita por persoas asociadas de ARELAS.
Compartide e rulade esta publicación para que cheguen estes calendarios moi lonxe. E por suposto, comprade moitos!!