Bo día!! Hoxe compartimos dentro do material que realizamos desde ARELAS con motivo da celebración do 8M https://asociacionarelas.org/gl/programas/material-8m/ outra biografía dunha crianza trans pioneira, Avery Jackson, nada en Kansas City (EEUU) en 2007. É unha activista que con tan só 9 anos, converteuse nun símbolo da comunidade LGBTI+ ao documentar a súa transición a través de Youtube, apoiada pola súa nai, Debi Jackson.
Foi a primeira persoa trans en protagonizar a portada do medio de tirada internacional National Geographic, sendo ela un dos 80 retratos que conformaron o artigo “Gender Revolution”, un especial do Día Internacional das Nenas de 2017. Neste proxecto entrevistaron a múltiples crianzas, centrándose nas diversas ideas que tiñan sobre o xénero e na maneira na que lles influía. Avery foi quen de deixar en evidencia multitude de muros e prexuízos con respecto ao binarismo home/muller que existen todavía na nosa sociedade.
Ávery é outra crianzas trans que sufriu moito, pero conseguiu facer visible a necesidade de comprometernos tódalas persoas para conseguir mellorar, aceptar e entender outras realidades diferentes as nosas.
Recordade que todo este material o tedes dispoñibLe na web de ARELAS https://asociacionarelas.org/gl/programas/material-8m/ara . Un material pioneiro que trata de visibilizar 10 mulleres trans pioneiras/referentes, tratando de darlles espazo e recoñecemento no día da muller.
Porque #otranséreal e o #feminismoinclusivo é o que transformará a sociedade. 💜🏳️‍⚧
Dende aquí de novo un recoñecemento o talentazo de Prince Vidal, un rapaz de ARELAS que como vedes é un ilustrador xenial. Aquí podedes seguir o seu traballo https://www.instagram.com/what_a_prince/hl=