Queridxs amigxs, xa chegou o momento. Este sábado, día 12 ás 11:30, terá lugar, no Auditorio Municipal de Nigrán, a primeira proxección das programadas para este mes do documental Persoas, SA. Un proxecto de Carmen P.G. Granxeiro no que colaborou @Arelasafmt e onde poderás escoitar as vivencias de persoas referentes na visibilización LGTBIQA+ e facer unha viaxe no tempo a través das súas experiencias, que irá dende os logros conseguidos no pasado aos deberes pendentes do futuro. Acércate por estas fermosas terras e disfruta deste traballo tan marabilloso.
E ás 17, no mesmo auditorio, poderás escoitar á nosa presidenta, Cristina Palacios, no faladoiro “Experiencias LGTBIQA+”. Un luxo que non podes perderte.