O noso asesor legal Miguel Vieito Villar ten un día ben intenso e importante.
Pola mañá estará dando formación en “Atención Policial a Diversidade Afectivo-Sexual e contra a LGTBIfobia” a policias locais do concello de Santiago de Compostela. Queremos agradecer a todo o concello e en especial a concelleira Mercedes Rosón Ferreiro polo empeño e a colaboración.
Pola tarde, Miguel estará na Casa Xohana Torres dando outra formación moi necesaria, dirixida a mulleres trans e persoas non binarias sobre Autodefensa Legal con perspectiva de xénero dentro do programa Apodéra-T, de apoderamento socio-laboral a mulleres trans de Galicia financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade Igualdade na Rede . Mañá pola mañá será a segunda sesión vía online.
En ARELAS, cremos firmemente que os prexuicios e a LGTBIfobia se combate con formación e coñecemento.