Pois por fin, e despois dun longo e dolorosísimo camiño, aprobouse a Lei para a igualdade das persoas trans e a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.
Hoxe celebrámola moito e desexamos que traia moitos dereitos reais a un colectivo tan maltratado históricamente.
Polo si ou polo non, desde ARELAS seguiremos traballando para que as escolas sexan espazos seguros e positivos para todo o alumnado trans, seguiremos traballando para que as familias respecten e acompañen aes seus filles e non exerzan violencia, seguiremos informando-asesorando e formando a profesionais que cada día conviven con persoas trans, seguiremos sensibilizando a toda a sociedade e loitando pola igualdade de oportunidades.
Seguiremos, sempre e incansablemente, acompañando a toda esa xuventude que nos chega polo rexeitamento familiar. Seguiremos loitando por todas as persoas que quedaron fóra da lei.
Mañá seguiremos na loita, traballando, porque esta lei que hoxe é histórica, mañá non lle cambiará a vida a moitas persoas.
Para todas as demáis, noraboa polo logrado!