“Programa de Servizo de Acompañamento Sociolaboral de Mulleres Trans, Apodéra-T (Empodéra-T)”

¿Cantas veces sentimos que estamos soas nesta longa procura da mellora das condicións materiais?

¿Observas que hai unha escaseza moi grande de profesionais que traballen estas cuestións dende o respecto?

¿Resúltache difícil acceder a elxs?

Partimos dunha situación de falta de dereitos das mulleres trans, ausencia de leis,
discursos de odio, pandemia e Covid… con resultados de exclusión e precariedade vital e laboral.

Dende o Servizo de acompañamento sociolaboral de mulleres trans, Apodéra-T,
trataremos de axudarche na procura da mellora das condicións de vida.

Profesionais de distintas disciplinas e con experiencia no traballo dos dereitos trans,
axudarán a superar os teitos de ferro con información, asesoramento, obradoiros e acompañamento.

Porque o primeiro paso é apoderarnos. Porque temos a responsabilidade colectiva de procurar dereitos,
mais tamén o dereito individual.

Se queres formar deste servizo podes contactar con nós en infoarelas@gmail.com
ou por teléfono e whatsapp de 10:00-13:00 e de 17:00-20:00 no teléfono 686160465

Todxs xuntxs, en tránsito cara a igualdade e liberdade!