Desde ARELAS queremos recordar que seguimos traballando a través de “Sí, Somos: Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia” e “TRANSÍtamos, programa de apoderamento e inserción social de xóvenes trans de Galicia”.
“Si, SOmos” tratará de dar resposta de maneira integral e con perspectiva interseccional as necesidades de tipo persoal, social, psico-sexolóxico, xurídico e legal de xóvenes LGTBI+ de Galicia que poden estar sufrindo situacións de violencia, discriminación, estigmatización e exclusión social. Tamén será un lugar de referencia para aquelas familias e profesionais que desexan información-formación para un mellor apoio e acompañamento destas crianzas e xóvenes.
O programa TRANSÍtamos tratará de dar resposta as necesidades de tipo persoal, social, psico-sexolóxico, xurídico e legal de xóvenes trans e ofrecerá un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio mutuo entre pares, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros e transpositivos. Ambos programas están financiados pola Consellería de Política Social dentro das axudas do 0,7 % do IRPF.
Se queres ou coñeces a alguén que queira formar parte de “Sí, Somos”, escríbenos a arelasasociacion@gmail.com, mándanos un watshapp ou chámanos ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 Hs. Aquí tes toda a información: https://asociacionarelas.org/gl/si-somos/
Moitas grazas pola vosa axuda e colaboración na difusión do programa!
Febreiro 09,2023