Hoxe a nosa presidenta Cristina Palacios presenta un artigo de opinión da supuesta lei trans que hoxe será aprobada no Consello de Ministrxs.
O primeiro que hai que dicir é que non vai haber lei trans como sempre se nos dixo e como o PSOE de Madrid se comprometeu nun pacto de goberno.
Haberá unha lei de non discriminación LGTBI+ de 54 folios que só adica 3 as demandas e necesidades das persoas trans. Unha lei que se nos vende como recoñecedora da autodeterminación de xénero cando na práctica, todas as crianzas por debaixo de 16 anos, non van ter recoñecido este dereito. Logo de novo precisarán tutelaxe e terán que ser creidxs para poder ser quen son. Donde ademais as persoas migrantes e as persoas non binarias quedarán fora. Vólvese a reproducir os mesmos erros do ano 2007.
É imperdoable o que están a facer entidades que representan a persoas trans, pero tamén é imperdoable que non se aproveite este momento histórico de maioría de esquerdas no Congreso para, por fin, recoñecer a deuda histórica dun colectivo que sempre vilipendiado e esquecido.
O peor de todo, o texto que hoxe se nos vai a presentar vai recibir enmendas que seguro aínda adelgazará máis os dereitos e , podemos intuír, a quen afectará.
En fin, un día que podía ser de felicidade completa e igualarnos os países da nosa contorna en dereitos LGTBI, simplemente quedará nunha mala promesa que tantas expectativas ten creado en crianzas que son moi vulnerables.
Como di Miguel , e agora que faremos con tanta felicidade perdida?
Triste e decepcionante. Moi decepcionante.
As familias de ARELAS seguiremos traballando por un status digno, de recoñecemento de todos os dereitos e da autodeterminación de TODAS as persoas trans, sobre todo, as crianzas.
NON CALAREMOS, NON NOS CALARÁN!!
https://l.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fwww.lavozdegalicia.es%2Fnoticia%2Fopinion%2F2021%2F06%2F29%2Fspan-langgllei-trans-os-dereitos-humanos-spanspan-langglnon-negocian-lexislansespan%2F0003_202106G29P13994.htm%3Futm_source%3Dfacebook.com%26utm_medium%3Dreferral%26utm_campaign%3Dshare%26utm_content%3D0003_202106G29P13994%26fbclid%3DIwAR36X4bkNeHEQTsVJYHfxg434D1wIvXzmK0rsEayQuXUL6p9_B6ZfSivzv4&h=AT2_YsMUKCUjje_EbKLPim4ryWKt4AQWdK56IeaBh6omVVzzCiZAnvXHdsDzk2i9WiKcfTxt79wcVpkO8j_Shhs3kU6fPG30J_bpEl65cqVh5jt7KKxZ6rdv8nUY6UkklQ&__tn__=%2CmH-R&c[0]=AT137dEDrM6z-LhxGUdNuCZ8YqN8BnPrUYFZnL_XaqjcliQlRsEL34TbIXqeB8eCKFVeQmyHG04LF3szYuF9deVLysU0CfPNhjkHXJU3-BXJPM2McAIrr241geYQoE-HSWUU7ctTXhJS3b-7ggS3HNt-OCLOeL-YF3VWcvR1NJsc7BE