Boas amigxs! Queremos anunciarvos que despois de anos de colaboración, ARELAS xa forma parte da ILGA-Europe
ILGA- Europe é unha organización internacional e independente que reúne a máis de 600 organizacións de 54 países de Europa e Asia Central .
Os tres piares principais do traballo de ILGA- Europe son:
1. Avogar polos dereitos humanos e a igualdade das persoas LGBTI a nivel europeo, ante organizacións como a Unión Europea, o Consello de Europa e a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa ( OSCE), en particular en relación co asilo e os delitos motivados por prexuízos e discurso de odio, educación, emprego, familia, liberdade de reunión, asociación e expresión, saúde, recoñecemento legal de xénero e integridade corporal.
2. litixio estratéxico mediante o uso de tribunais europeos para promover os dereitos das persoas LGBTI, xeralmente como parte dunha campaña de promoción máis ampla. O uso dos tribunais europeos para garantir o pleno recoñecemento e a implementación dos dereitos humanos para todxs, independentemente da súa orientación sexual, identidade de xénero ou características sexuais, é un dos métodos de traballo crave da ILGA-Europa para lograr a plena igualdade para as persoas LGBTI en Europa.
3. Fortalecer o movemento LGBTI en Europa e Asia Central brindando capacitación e apoio ás súas organizacións membros e outros grupos LGBTI en defensa, recadación de fondos, desenvolvemento organizacional e comunicacións estratéxicas e moito máis.
Seguimos medrando, seguimos traballando incansablemente!
https://ilga.org/es/lo-que-somos/civi_details_sp…