O día Internacional da Memoria Trans foi unha xornada de lembranza e recoñecemento das persoas asesinadas no mundo polo feito de ser trans. Desde ARELAS xunto coa área de Igualdade da Deputación de Pontevedra, quixemos facer un acto cheo de simbolismo e emoción polas case 3000 persoas trans víctimas da transfobia e a violencia machista nos últimos anos. Unha violencia que provoca unha víctima cada 48 horas.