Con motivo do 17 de maio Día Internacional contra a homofobia, bifobia e transfobia ALAS Coruña, Amizando, ARELAS, Avante LGTBI e Ultreia visibilizamos e amosamos o noso apoio as leis que se están a tramitar no Congreso e que equiparan os nosos dereitos ós do conxunto da cidadanía.

Para levar a cabo esta visibilización estivemos o sábado 19 de maio na Praza de Toural con mesas repartindo información sobre estas leis.