Cumprimos 5 anos de existencia.

Un traxecto que aínda que foi curto no tempo, foi longo en canto a experiencias, actividades e logros alcanzados. Nestes cinco anos puxemos moito empeño e traballo para tratar de visibilizar e sensibilizar sobre unha realidade pouco coñecida en Galicia, a transexualidade infanto-xuvenil, e que en moitas ocasións levaba a que as familias estivésemos soas e desorientadas, sen profesionais con coñecementos suficientes para poder informarnos e acompañarnos nos tránsitos de vida dxs nosxs fillxs. Así, durante estes cinco anos foron moitas as familias que se achegaron a ARELAS (en torno ás 300) para solicitar información, orientación e/ou acompañamiento nestes procesos. Hoxe en día, podemos dicir, que ainda que queda moito camiño por percorrer, xs profesionais cada vez están máis abertxs a informarse, formarse e tratar de acompañar e non xulgar.

En ARELAS conseguimos os primeiros cambios de nome legais de menores trans, os primeiros cambios de nome e sexo en Galicia. No ano 2016, logramos que a Consellería de Educación aprobase o Protocolo Educativo de Identidade de Xénero que tanto ten axudado e facilitado as cousas a menores trans no ámbito educativo, ata naqueles casos nos que as familias non están pola labor de activalos.

Tamén fixemos un traballo importante pola visibilidade e concienciación social poñendo en marcha, grazas ao apoio da área de Igualdade da Deputación Pontevedra, a campaña fotográfica itinerante “Sorrisos Transformadores” que ten percorrido más de 40 concellos e achegado a uns 60 centros educativos unha parte importante das vivencias trans.

Logo viría o seu documental “Orgullo Trans” que nos fixo finalistas nos premios Mestre Mateo grazas ao traballo de Noemi Chantada Chantada e o resto da equipa de @islandia. Do mesmo xeito, temos colaborado e organizado varios Orgullos LGTBIQA+ para seguir reivindicando e facendo memoria das loitas polos dereitos das persoas Trans.

Desde ARELAS sempre temos apostado pola importancia da formación dxs profesionais de todos os eidos que poidan ter contacto coa realidade trans infanto-xuvenil e desde ARELAS temos feito innumerables accións formativas a profesionais do educativo, social e empresarial.

Pero tamén resulta de vital importancia o traballo que estamos a facer para achegar visibilidade, sensibilización e formación a alumnado de todas as etapas educativas sobre o colectivo e realidades LGTBIQA+, poñendo sempre especial énfase na transexualidade infanto-xuvenil. Estas charlas e formacións serve para impulsar o empoderamento suficiente de moitas crianzas e mozxs que dan un paso adiante para visibilizarse como persoas LGTBIQA+.

En cinco anos de vida de ARELAS, máis 120 de menores trans achegáronse a nós para buscar ese apoio e recoñecemento que non atoparon nas súa familias. Algo que se agravou cos confinamentos e que nos levou a crear a campaña social #Libresnacasa para poder levarlles un pouco de agarimo e ánimo neses momentos tan duros, e que deu pé a creación do Servizo de información, orientación e acompañamento, Canle #Libresnacasa.

Persoas, entidades ou organizacións como Disney, Atardecer Solidario, Belagúa Ediciones ou a Asociación Galega de Ciencias Sociais entre outras, fixéronnos donacións que nos axudaron moito para poder seguir traballando e chegando a onde as administraccións non chegan.

Pero sabemos que moitos dos logros de ARELAS teñen que ver coas achegas impagables de tantas persoas que xa forman parte do que somos: Miguel Vieito Villar, Laura Bugalho Joana Beltranexa, Carmen Fernandez Morante, Quique De Mileto, Mercedes Rosón Ferreiro, Iria Misa, Éric Dopazo, Sara Romero, Daniela Ferrández, Hugo Pérez Fernández, Prince Vidal… e as persoas que fomos conformando as xuntas directivas de ARELAS, Rosa Toba Bua, Loly Pallares, Monica Rodriguez Outeda, Isabel Noya Chabela Bela, Vanessa Papiri, Cristina Palacios e tantas familias e menores trans que tanto teñen compartido con nós.

Queda moito por facer e moitas ARELAS que lograr, pero prometemos e ameazamos con outros cinco anos máis de loita.

Seguimos!!