Profesionales que colaboran con ARELAS

“A Sociedade no seu conxunto debe recoñecer autonomía ás e aos menores trans. Apoiar o contrario supón furtar a dignidade e a felicidade ás nosas crianzas. O Dereito é, e debe ser, unha ferramenta de acompañamento e apoio das persoas e non un pao na roda de quen quere vivir en plenitude e igualdade. Xs menores trans teñen dereito a ser e a se expresar, e todxs debemos velar porque o Ordenamento Xurídico non se interprete ou se convirta nun obstáculo”. Miguel Vieito, Xurista, Investigador e consultor legal de ARELAS. 

Miguel Vieito:

Licenciado en Dereito pola USC, Investigador en Dereito e consultor legal, especializado en Dereito Sanitario, Dereito Antidiscriminatorio e Dereito relacionado coas Novas Tecnoloxías. Asesor xurídico de ARELAS desde 2014. Miguel foi o autor da solicitude que permitiu o primeiro cambio de sexo e nome a un menor trans en Galicia. Así mesmo, foi autor e relator de varios traballos académicos relacionados cxs menores trans, dentro e fóra do noso país entre eles: “Acceso a bloqueadores hormonais por menores trans: autonomía fronte a control parental”, en IX Encontro Luso-brasileiro de bioética. III Encontro lusófono de bioética.  

Contacto: miguelvieitovillar@yahoo.es 

«Apoiar e traballar polo coñecemento, a visibilización e o respecto da transexualidad na educación, é unha forma de construír unha sociedade máis digna e xusta. Por tanto é unha tarefa de todxs xs educadorxs». Carmen Fernández Morante, Decana Facultade Ciencias da Educación USC. 

Carmen Fernández Morante:

Decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Profesora Titular do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC. Doutora en Ciencias da Educación. Foi Vicerreitora de Titulacións e Persoal Docente e Investigador e Xefa de sección de Tecnoloxía Educativa do Instituto de Ciencias da Educación da USC. Co- autora do Protocolo Educativo de Identidade de Xénero (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e ARELAS). Impulsora e co-organizadora de as” I e II Xornadas sobre Diversidade Sexual desde a Educación na Facultade de Ciencias da Educación da USC”. Participante non proxecto “ Sorrisos Transformadores” de ARELAS e a Deputación de Pontevedra. Firme defensora da diversidade como un valor para respectar dentro do ámbito educativo. Colaboradora de ARELAS dende 2016. 

Contacto: cfmorante@gmail.com 

Enrique Latorre Ruiz: Licenciado en Filosofía pola USC, especializouse en Lóxica e Filosofía da Ciencia cursando un máster interuniversitario. Actualmente, é investigador Predoutoral na USC, escribindo unha tese na área de Ciencia, Tecnoloxía e Xénero. Os seus intereses céntranse en Filosofía Contemporánea, Filosofía da Ciencia, Feminismos e Sexualidades non normativas. Co-autor e relator de “Acceso a bloqueadores hormonais s por menores trans: autonomía fronte a control parental” no Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC de Madrid. Relator en varias xornadas, mesas redondas e congresos sobre feminismos e sexualidades non normativas. Co-organizador das “II Xornadas sobre Diversidade Sexual desde a Educación na Facultade de Ciencias da Educación da USC”. Co-organizador de varios Orgullos LGTBI en Galicia. 

Contacto: rulaen@gmail.com 

Queremos construír un mundo mellor para xs nosxs fillxs.

¿Acompáñasnos?