Xunta Directiva

A transexualidade infanto-xuvenil é variedade, riqueza, orgullo, alegría, autenticidade. Ou na realidade o que rompe co biolóxicamente establecido, que te saca do teu espazo de confort, que remove a túa conciencia, que cada día te deconstrúe, que fai que te reformules a túa forma de ver e estar no mundo”. Cristina Palacios, Presidenta de ARELAS

Presidenta:

Cristina Palacios Castro, Outeiro de Rei. Mamá da primeira menor trans en visibilizarse en medios de comunicación e en cambiar legalmente o nome en Galicia.
Traballadora Social e docente. Máster en Xerontoloxía Social e Posgrao CAP (Certificado de Aptitudes Pedagóxicas). Experiencia como traballadora social en Atención Primaria de Servizos Sociais, na Delegación de Lugo da Xunta de Galicia, Axuda a domicilio e no asociacionismo (persoas con diversidade funcional). Con máis de 3.000 horas de docencia acreditadas en Certificados de Profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes e cursos de Igualdade (Xunta de Galicia).
Presidenta de ARELAS desde 2015 (anteriormente cofundadora-presidenta de Chrysallis Galicia). Propulsora e Co-autora do Protocolo Educativo sobre Identidade de Xénero (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e ARELAS) http://asociacionarelas.org/explora/protocolos-de-actuacion/ . Unha das impulsoras da Lei de Identidade de Xénero de Galicia. Co-organizadora das I e II Xornadas sobre Diversidade Sexual desde a Educación na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Varias publicacións sobre a realidade dxs menores trans, artigos de opinión en xornais e publicacións varias, intervencións en congresos e xornadas e innumerables charlas, conferencias e obradoiros sobre diversidade sexual e realidade da transexualidade infanto-xuvenil (entre elas un TEDx GALICIA https://www.youtube.com/watch?v=UEpi5VPJJmQ). Autora e impulsora do proxecto “ Sorrisos Transformadores”, campaña fotográfica itinerante patrocinada pola Área de Igualdade da Excm. Deputación de Pontevedra https://www.depo.es/exposicion-sorrisos-transformadores, fotografías de Noemí Chantada. Coorganizadora de varios Orgullos LGTBI en Galicia.
Dende ARELAS logramos os dous primeiros cambios de nome e sexo legalmente en Galicia.

“A transexualidade consiste en que che asignen un xénero ao nacer que non vai acorde coa túa mente, que é onde realmente está o xénero”. Rosa Tuba, tesoureira de ARELAS 

Tesoureira:

Rosa Toba Bua, Culleredo. Ama de casa, coidadora de persoa dependente, nai do primeiro menor trans en conseguir legalmente o cambio de nome e sexo en Galicia. Tesoureira de ARELAS desde 2015. Acompañante e asesora de varias familias de menores trans en Galicia. Coorganizadora de varios orgullos LGTBI e actividades de visibilización e sensibilización trans. Firme defensora da diversidade sexual. 

Ser transexual implica ser valente para ser feliz e vivir de verdade”. Mónica Rodríguez, Secretaria de ARELAS 

Secretaria:

Mónica Rodriguez Outeda, Pontevedra. Ama de casa e mamá dunha nena trans de 7 anos ( benxamina de ARELAS). Secretaria de ARELAS desde 2017. Acompañante e asesora de familias de menores trans en Galicia. Coorganizadora de varios orgullos LGTBI e actividades de visibilización e sensibilización trans. 

Queremos construír un mundo mellor para xs nosxs fillxs.

¿Acompáñasnos?