Material, documentos e guías de utilidade
“COVID-19-ARELAS v2”
Compartimos unha segunda versión actualizada con preguntas e respostas sobre o covid 19 da man do noso xurista, Miguel Vieito Villar .
Nesta nova revisión incluimos información e recursos sobre Violencia de xénero e discriminacións LGTBIfóbicas.
Tamén incluimos información sobre o réximen de visitas (gardas e custodias) e hipotecas.
“COVID-19-ARELAS”
Preguntas e respostas Nestes tempos de tanta confusión, tantas fake news e bulos, o noso xurista Miguel Vieito Villar dá respostas concretas a preguntas e cuestións sobre o covid 19, dende o rigor que sempre o caracteriza.
Por suposto, é un documento aberto en constante modificación que iremos compartindo.
“Orientacións Prácticas para a ESO”
Como educar na diversidade afectiva, sexual nos centros escolares
AUTOR: : Mercedes Sánchez Sáinz (coord.)
“Orientacións Prácticas”
AUTOR: Mercedes Sánchez Sáinz (coord.)
“Sen complexos – Guía para Crianzas”
Como educar na diversidade afectiva, sexual e persoal en educación infantil
AUTOR: Jesús Generelo
“ACLARANDO TERMOS”
Díptico creado por Arelas onde se abordan temas como a aclaración de conceptos, a transexualidade, os sinais que adoitan aparecer, as familias, etc…
AUTOR: ASOCIACIÓN ARELAS
Respostas ás súas preguntas. “SOBRE AS PERSOAS TRANS, A IDENTIDADE DE XÉNERO E A EXPRESIÓN DE XÉNERO”
AUTOR: American Psychological Association
Unha Guía para Pais. Adaptación do inglés “If you are concerned about your child’s gender behaviors”. (Children’s National Medical Center)
AUTOR: Children’s National Medical Center
GUÍA DO DEPORTE INCLUSIVO PARA PERSOAS LGTBI
AUTOR: ADI LGTB – Agrupación Deportiva Ibérica LGTB
Abrazar a diversidade: proposta para unha educación libre de homofobia e transfobia
Editado polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades
Nenas e nenos. Identidade e corpo
AUTOR: Chrysallis Euskal Herria
Ferramentas para combatir o bullying homofóbico
AUTOR: Raquel Platero Méndez, Emilio Gómez Ceto
GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PARA A ATENCIÓN SANITARIA A PERSOAS TRANS NO MARCO DO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE
Editada pola Rede pola Despatoloxización das Identidades Trans do Estado español
Aclarando conceptos e termos
IDENTIDADE SEXUAL:
É o sexo sentido como propio independentemente do xenital ou corpo no que naciches, e que autodefine á persoa como home ou muller (en ocasións como as dúas cousas ou como ningunha). A identidade sexual non se elixe ou se prefire.
IDENTIDAD REXISTRAL:
Ao nacer por interpretación visual dos xenitais predíse e asigna un sexo, neno ou nena. Segundo este sexo asignado, rexístrasenos no Rexistro Civil cun nome e xénero, e trátasenos de acordo a esta predición. Naqueles casos nos que unha persoa trans* quere rectificar este nome e sexo que non sente como propio, ha de realizar unha serie de trámites legais.
TRANSEXUALIDADE:
É a situación na que se atopan as persoas ás que se lles asigna unha identidade sexual que NON corresponde coa súa.
CIXESUALIDADE:
É aquela persoa a que se lle asignou unha identidade sexual que SÍ corresponde coa sentida.
ORIENTACIÓN SEXUAL:
A orientación sexual é unha atracción emocional, romántica, sexual ou afectiva duradeira cara a outras persoas. A orientación sexual non é o mesmo que a identidade sexual (saberse e sentirse home ou muller independentemente do corpo no que naciches).