Presentación de “Piratas no recreo” na libraría Trama de Lugo.
O pasado 15 de marzo tivemos a presentación de “Piratas no recreo” en Lugo, un libro para o público infantil escrito por Miguel Ángel Alonso Diz que aborda con naturalidade o tema trans.
A forza dos versos e das imaxes feitas por Luz Beloso busca elevar unha mensaxe de respecto á diversidade, xa que todas as persoas somos diferentes e únicas.
Desde ARELAS queremos agradecer a Belagua Ediciones y Comunicación por contar con ARELAS para este proxecto tan bonito e por doar parte da recadación a nosa entidade.