O 26 de outubro estivemos no IV Festival de Cine Inclusivo de Vigo, presentando “Orgullo Trans”, un pequeno documental realizado dentro da campaña de visibilización “Sorrisos Transformadores”, patrocinado pola Deputación Pontevedra , dirección-realización de @Islandiaproduccións e co que fomos finalistas nos premios Mestre Mateo do audiovisual.
A proxección levouse a cabo no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.