Na casa da Cultura Riomaior co alumnado do CPI O Toural de Vilaboa, onde ademáis de presentar a exposición demos unha charla sobre a realidade trans infanto-xuvenil.
Se queres levar esta campaña itinerante e ter unha charla no teu centro educativo ou concello, ou facer un vídeo -forum co documental da exposición “Orgullo Trans” co que fomos finalistas nos premios do audiovisual Mestre Mateo, podes facer aquí a solicitude.