O pasado 26 de outubro asistimos a presentación da fantástica novela “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, un libro sobre as vivencias dun neno trans que adora a música e todo o que representa Ziggy Stardust. Unha novela escrita por Iria Misa, profesora e escritora, gañadora do Premio Jules Verne de literatura xuvenil pola súa obra “Xa non estou aquí”.