Desde ARELAS queremos presentar un proxecto realizado por Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso que nos traen esta pequena marabilla “Piratas no recreo”. A través da poesía e dunhas imaxes extraordinariamente coidadas aborda con naturalidade a realidade trans. Un libro en galego cunhas imaxes que nos leva a un mundo diversx de persoas orgullosamente únicas.

Desde ARELAS non podemos estar máis contentxs e orgullosas de ter aportado o noso graniño de area a un proxecto tan necesario como é achegar o público infantil a transexualidade.Queremos agradecer o fantástico traballo de Miguel Angel e de Luz, e como non agradecer a Belagua Ediciones y Comunicación pola xenerosidade de doar unha parte das ventas a nosa entidade.

Vaia regalazo tan bonito para este Nadal!

A que esperas pra regalarcho ou regalalo…

Ayúdanos a difundir, comparte Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email