Neste primeiro de maio, día internacional do traballo, facemos unha chamada de atención a dura realidade do desemprego e a precariedade laboral das persoas trans. Un 85 % das persoas do noso colectivo, están en paro, sobretodo as mulleres. Moitas delas vense empuxadas a exercer a prostitución ou o espectáculo o atopar enormes barreiras para poder traballar en calquera outro traballo. Non importa si dispoñen de suficiente formación, porque cando amosan o seu DNI, son rechazadas unha e outra vez.

A transfobia e a discriminación no ámbito laboral cara as persoas trans é unha realidade que apenas se aborda na lexislación e que pouco o nada parece importar as administracións. As familias de ARELAS loitamos para que xs nosxs fillxs teñan as mesmas oportunidades para crear o seu porvir. O que elxs decidan, non o que se lles impoña polo feito de ser trans.

André e Lucía o explican no noso mes de maio do calendario Solidario 2020: “Se non conseguimos traballo, non é por falta de formación, senón polos prexuicios e a transfobia social”. Traballo Digno para todxs!! #TRANScendendoonormativo