As rapazas e mulleres trans que dende a súa infancia e adolescencia loitan contra o rexeitamento social, son presas da desigualdade xerada polo cisheteropatriarcado.

Ao igual que calquera muller, tamén son víctimas da discriminación machista e teñen que loitar contra o acoso sexual, a violencia de xénero, a fenda laboral e salarial. Pero tamén contra os prexuizos, o rexeitamento familiar e social, a falla de referentes positivos, a deficiente formación e a falta de capacitación laboral, obstáculos moi importantes para o apoderamento e a integración social destas mulleres.

Dende ARELAS levamos anos traballando con centros educativos de toda Galiza, tratando de achegar a todo o alumnado a diversidade de identidades, orientacións e familias, loitando para erradicar a LGTBIfobia.
Buscando continuamente mellorar e ampliar as accións formativas presenciais que facemos nas aulas co alumnado, elaboramos materiais educativos para uso e desfrute de calquera persoa allea á entidade con ganas de seguir visibilizando e formando sobre estas realidades dende unha mirada positiva e transformadora (docentes, alumnado, familias,..).

É por isto que presentamos este material con motivo da celebración do 8 de marzo, día da muller, como unha ferramenta contra a discriminación e a invisibilidade das mulleres trans.

Para darlles o seu espazo na loita feminista contra as violencias e desigualdades machistas.

Acceso a ligazón do material didáctico 8M Transinclusivo.