Dende ARELAS informamos que oficialmente poñemos en marcha dúas delegacións en Pontevedra e Santiago de Compostela tratando de dar unha resposta máis próxima ás familias da provincia de Pontevedra e Coruña.
Tamén aproveitamos para informarvos que desde o 1 de outubro, atenderemos de forma presencial os xoves desde as 17:00-19:00 Hs na Casa das asociacións (antiga estación de Cornes) na Rúa de Manuel Beiras, 3 de Santiago de Compostela.
Neste espazo físico trataremos de dar información e asesoramento sobre cuestións relacionadas coa transexualidade infanto-xuvenil.
Se tes calquera dúbida ou queres concertar unha cita no noso local, podes chamar aos teléfonos:
686 16 04 65 / 634 46 26 76
Ou enviar un correo a:
arelasasociacion@gmail.com / infoarelas@gmail.com
Te esperamos!!