O feito de sentirse atraídx por unha persoa do seu mesmo sexo ou ter unha identidade diferente á asignada é motivo suficiente para que miles de persoas vexan a súa vida ameazada nalgúns países. Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais e Intersexuales son torturadxs, ameazadxs, encarceradxs ou mesmo asasinadxs pola súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero. Quen consegue escapar a un país que lles permita ser e amar libremente, convértense en refuxiados LGBTI.

No mes do día internacional das persoas refuxadas, adicamos o mes de xuño do calendario solidario de ARELAS 2020 a todas esas persoas LGTBI que tiveron que deixar atrás patria, familia, amigxs e vida para poder ser libres. En palabras de Fátima “tiven que deixalo todo atrás porque a miña vida corría peligro, Aquí en Galicia podo ser quen son e ser feliz”.

Ayúdanos a difundir, comparte Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email