Desde Accem Lugo, ARELAS e a Rede Museística de Lugo queremos visibilizar que o feito de sentirse atraído por unha persoa do mesmo sexo ou identificarse cun sexo e xénero diferente o asignado no momento do nacemento, é motivo suficiente para que miles de persoas vexan a súa vida ameazada nalgúns países. Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais e Intersexuais son torturadxs, ameazadxs, encarceadxs ou mesmo asasinadxs pola súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero. Quen consegue escapar a un país que lles permita ser e amar libremente, convértense en refuxiadxs LGBTI.

Este venres 21 de xuño a partir das 18:00hs, realizaremos nos xardíns do Museo Provincial da Rede Museística de Lugo, actividades dirixidas a todo o público para sensibilizar e formar sobre estas realidades que toda sociedade libre e respetuosa debe coñecer.

Ayúdanos a difundir, comparte Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email