Un ano máis a Facultade de Ciencias da Educación, ARELAS e ULTREIA LGTBI organizamos as III Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación: unha oportunidade para Trans*formar a sociedade. Neste ano, profundizaremos na realidade do colectivo LGBTI tanto no ámbito da educación media coma na educación superior. Exploraremos resistencias e plantexaremos retos pendentes e propostas de futuro.
Teremos a oportunidade de escoitar de primeira man, varios exemplos de boas prácticas sobre diversidades sexual en centros educativos e universidades.
As xornadas son de balde, abertas a todo tipo de público ata completar aforo, non deixedes de asistir¡

Máis información aquí: facebook.com/events/272751029998354/