Bos días a todxs!

📢Como moitxs de vós sabedes, o pasado xullo ARELAS cumpría cinco anos de vida🎉🎂, e aínda que o ditoso bicho non nos permitiu conmemoralo como queriamos, non imos deixar pasar esta oportunidade de enxalzar dalgún modo todo este percorrido no que tantos feitos temos que celebrar.

Para iso desde ARELAS poñemos en marcha o “I Concurso de Ilustración e Debuxo Artístico sobre a Diversidade Sexual, de Familias e contra a LGTBI+fobia” co obxectivo de seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades, o apoderamento das sexualidades non normativas e contra as discriminacións e violencias LGTBI+fóbicas.

Dentro deste concurso, temos establecido dúas categorías de concurso con dous premios:
O primeiro de 150 € e o segundo de 100 €.
A Primeira Categoría: concursantes ata 12 anos cumpridos.
A Segunda Categoría: concursantes de13 anos cumpridos en adiante.

Os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de ARELAS.

Os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 10 de xaneiro e o 28 de xaneiro, faremos públicos os traballos premiados en cada categoría.

Non deixedes de participar neste concurso tan necesario que seguro nos vai a regalar imaxes moi lindas e moi necesarias de visibilizar. Tamén podes axudar compartindo esta publicación para que chegue moi lonxe.🏳️‍🌈💜

Compartimos as bases e o modelo de autorización para xs concursantes menores de idade.