Como xa sabedes a nosa máis que admirada Marina Saenz ata o de agora Profesora Titular de Dereito Mercantil, converteuse fai uns días na primeira muller trans Catedrática de Universidade no estado.

Marina, que tivemos o pracer de tela con nós nas III Xornadas sobre diversidade sexual dende a educación da USC, é unha reputada especialista no Dereito mercantil, no Dereito da Distribución, no Dereito da Competencia e varias áreas relacionadas coas novas tecnoloxías , cun extensísimo curriculum que avalou que fose acreditada como Catedrática de Dereito na Universidade de Valladolid.

Por si todo isto non fose suficientemente impresionante, aínda tivo tempo para o activismo como defensora incansable dos dereitos das persoas trans. Un activismo que a levou a ser nomeada Doutora Honoris causa en varios lugares de España. Foi co-redactora e asesora de varios textos lexislativos sobre o colectivo LGTBI, loitando sempre por protexer e apuntalar os dereitos fundamentais do colectivo trans.

Ademáis as que tivemos o pracer de compartir conversas e tempo con ela, sabemos da súa calidade e humanidade.

Marina, as familias de ARELAS queremos felicitarte por tantos logros e dicirche que eres e serás sempre un importantísimo referente, un espello no que moitas crianzas e mozxs trans verán escrito o seu porvir.

Ayúdanos a difundir, comparte Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email