O 18 de maio unha pequena representación das familias ARELAS, recollImos en Sevilla o premio “Muestra-T polo apoio e sensibilización das familias de menores trans”, da man da histórica Asociación de Transexuales Andalucía- Silvia Rivera.
Toda unha honra e alegría para as familias de ARELAS que vemos recoñecido unha vez máis a labor que despois de catro anos, seguimos realizando en prol dos dereitos das crianzas e adolescentes trans, e a loita dun mundo máis digno e respetuoso para toda a sociedade. Precisamente neste día das familias, decimos que seguiremos traballando incansablemente.
Grazas compañeirxs e amigxs andalucxs!!