Formación ao equipo educativo do CIEMA de Ourense.

O luns 14 de outubro o noso xurista e asesor legal Miguel Vieito e a presidenta Cristina Palacios asistiron o CIEMA de Ourense para dar unha formación ao equipo Educativo, sobre a “realidade trans infanto-xuvenil, coñecer para un mellor acompañamento” e sobre “Xs menores no Ordenamento Xurídico: o libre desenvolvemento da súa identidade de xénero”.

Máis información aquí.


Formación a técnicxs e profesionais dependentes da Dirección Xeral de Familia, Menores e Dinamización

O pasado 19 de decembro estiveron Cristina Palacios Presidenta de ARELAS e Miguel Vieito avogado, xurista e asesor legal de ARELAS, no Salón de Actos en San Caetano ante uns 120 profesionais (equipos de menores, centros de protección dx menxr, teléfono dx menxr, pedagogxs, psicólogxs, educadores sociais,…), formando e achegando a realidade de moitxs menores trans, as violencias e situacións de transfobia que se dan cada día, dando a coñecer o papel dxs profesionais do eido do social e falando da lexislación existentes e dos dereitos dxs menores trans… Coñecer, para acompañar e transformar realidades.