En ARELAS presentámonos como recurso para a atención á diversidade LGTB e contra o acoso LGTBIfóbico nos centros educativos (somos xs redactorxs-impulsorxs do Protocolo Educativo sobre Identidade de Xénero da Consellería de Educación).

Ofrecemos proxectos-actividades de sensibilización, formación e asesoramento dirixidos ao alumnado de Primaria, ESO, BAC e Universitario, profesionais e familias a través das Escolas de Nais e Pais e as ANPAS.

Se precisas que acudamos ao teu centro, adaptámonos ás túas necesidades e demandas.

Contacta con nxs neste correo: arelasasociación@gmail.com ou ao teléfono 686160465.

Formación ao profesorado do IES Espiñeiro de Boiro.

O pasado 7 de novembro estivemos dando unha formación de 4 horas ao profesorado da ESO e FP do IES Espiñeiro de Boiro sobre diversidade afectivo-sexual, a realidade trans infanto-xuvenil e contra o acoso LGTBIfóbico.


Resolución do 7 de outubro de 2019 pola que se regulan, para o curso 2019/2020, os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria.

Desde ARELAS ofertamos varias propostas de sensibilización e formación sobre diversidade afectivo-sexual que encaixan perfectamente na Liña 3 IGUÁLA-T que traballa pola Coeducación, a igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes e a visibilidade e sensibilización da diversidade afectivo-sexual. Se queres solicitar actividades con nós dentro dos Contratos-programas podes poñerte en contacto neste correo: arelasasociacion@gmail.com. Máis información


Arelas formando o profesorado

Formando o profesorado a través dos CFR de Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Coruña, e o CAFI de Santiago de Compostela dentro da actividade “experiencias ó redor do Día Internacional do Orgullo LGTBI” do Calendario de Igualdade. Máis información


Formación ó profesorado do IES Rego de Trabe

O 14 e 15 de xaneiro en horario de tarde estivemos dando ó profesorado do IES Rego de Trabe de Culleredo, un curso sobre diversidade sexual e de xénero, onde afondaremos sobre as principais formas de transfobia e homofobia, ou sobre o Protocolo Educativo Galego sobre Identidade de Xénero. Un pracer voltar a este centro onde tanto se traballa pola diversidade e onde tan ben nos tratan sempre.


Sesión formativa ó profesorado e AMPA do CEIP Pío XII

O 30 de de outubro, dende ARELAS estivemos dando formación sobre diversidade sexual e de xénero e a realidade trans infanto-xuvenil o profesorado do CEIP Pío XII de Santiago de Compostela.


Curso de formación a través do CAFI ó profesorado do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa

Os días 24 e 25 de outubro, dende ARELAS estivemos dando formación sobre diversidade sexual e de xénero e a realidade trans infanto-xuvenil o profesorado do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.


Sesións formativas Facultade de Formación ó profesorado (Maxisterio) de Lugo

O 26 e 27 de setembro acudimos a dar dúas sesión formativas sobre transexualidade infanto-xuvenil ó alumnado de Educación Infantil e Primaria da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (Maxisterio) convidadas pola profesora Marta María Poncet Souto.


Curso de formación a través do CAFI ó profesorado do CEIP Os Roxos de Compostela. Os días 7 e 14 de marzo

Dende ARELAS estivemos dando formación sobre diversidade sexual e de xénero e a realidade trans infanto-xuvenil o profesorado do CEIP Os Roxos de Santiago de Compostela.


Seminario Infancias trans e prácticas pedagóxicas centradas nas crianzas na Facultade de Ciencias da Formación da UDC

O 30 de abril acudimos o Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Formación da UDC para impartir un seminario xunto ca profesora Cathry Teasley sobre pedagoxías transpositivas dirixidas a crianzas. Unha actividade enmarcada dentro do programa Erasmus+ Interpretando as prácticas centradas nas crianzas para apoiar a calidade e a diversidade na Educación Infantil e nos coidados.


Sesión formativa a través do CAFI ó profesorado do IES Terra de Trasancos, Narón

O 25 de xaneiro acudimos dende ARELAS para dar unha sesión formativa de 3 horas sobre diversidade sexual e de xénero e a realidade trans infanto-xuvenil ó profesorado do IES Terra de Trasancos de Narón.


Sesión formativa a través do CEFORE de Vigo

Sesión formativa de 2 horas a profesorado dentro do curso Atención á diversidade.


Charla formativa nas VI XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE en Betanzos