O sábado 10 de novembro teremos un encontro moi especial xunto con compañeirxs de Amizando e Avante LGTBI. Dentro das actividades que levaremos a cabo no Matadoiro de Compostela están uns encontros literarios para crianzas e adolescentes sobre a temática trans infanto-xuvenil, performances, comida popular, mercadillo solidario, mesas redondas, debates, para rematar o día cunha concentración as 20:00 hs na Praza 8 de Marzo.

Ademáis contaremos ca presenza durante toda a xornada, dunha das activistas máis recoñecidas dentro do colectivo Trans e que máis ten loitado polos dereitos do colectivo: Mar Cambrollé.Recorda que todas as actividades son abertas o público en xeral.

Esperámoste¡¡