O documental da campaña “Sorrisos Transformadores” foi seleccionado para o premio mellor web serie nos premios Mestre Mateo de audiovisuais de Galicia.

A gala de entrega será o próximo 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña e poderás vela en directo na TVG a partir das 21:00 Hs.
Aquí podedes atopar máis información dos premios.

O documental de Sorrisos Transformadores que leva por título “Orgullo Trans” foi patrocinado pola Excma. Deputación de Pontevedra e realizado por Islandia Producciones.
Aquí podedes ver o trailer.

Ogallá o noso proxecto de visibilización e naturalización da realidade trans gañe o premio e se vexa recoñecido todo o traballo que hai detrás.

Moito Orgullo Trans!!

Ayúdanos a difundir, comparte Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email