Material e guías de utilidade

“ACLARANDO TERMOS” 

Díptico creado por Arelas onde se abordan temas como a aclaración de conceptos, a transexualidade, os sinais que adoitan aparecer, as familias, etc

AUTOR: ASOCIACIÓN ARELAS

GUÍA DO DEPORTE INCLUSIVO PARA PERSOAS LGTBI” 

AUTOR: ADI LGTB – Agrupación Deportiva Ibérica LGTB

Abrazar a diversidade: proposta para unha educación libre de homofobia e transfobia” 

EDITADO POR :Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades

Nenas e nenos. Identidade e corpo” 

AUTOR:Chrysallis Euskal Herria

Aclarando conceptos e termos

IDENTIDADE SEXUAL:

É o sexo sentido como propio independentemente do xenital ou corpo no que naciches, e que autodefine á persoa como home ou muller (en ocasións como as dúas cousas ou como ningunha). A identidade sexual non se elixe ou se prefire.

IDENTIDAD  REXISTRAL:

Ao nacer por interpretación visual dos xenitais predíse e asigna un sexo, neno ou nena. Segundo este sexo asignado, rexístrasenos no Rexistro Civil cun nome e xénero, e trátasenos de acordo a esta predición. Naqueles casos nos que unha persoa trans* quere rectificar este nome e sexo que non sente como propio, ha de realizar unha serie de trámites legais.

TRANSEXUALIDADE:

É a situación na que se atopan as persoas ás que se lles asigna unha identidade sexual que NON corresponde coa súa.

CIXESUALIDADE:

É aquela persoa a que se lle asignou unha identidade sexual que SÍ corresponde coa sentida.

ORIENTACIÓN   SEXUAL:

A orientación sexual é unha atracción emocional, romántica, sexual ou afectiva duradeira cara a outras persoas. A orientación sexual non é o mesmo que a identidade sexual (saberse e sentirse home ou muller independentemente do corpo no que naciches).