CONSENTIMENTO PARA PERTENCER AO GRUPO DE AUTOAPOIO DE ARELAS POR WHATSAPP

Conforme co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (GDPR), e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro ( LOPDGDD), solicitamos o seu consentimento para incluírlle no grupo de autoapoio responsabilidade de ARELAS, asociación de familias de menores trans, co único fin de facilitar o contacto entre elxs, polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento:

MEMBRXS DO GRUPO:

Consideraranse membrxs do grupo quen pertenzan ao mesmo no momento de enviar unha mensaxe, polo que, tanto xs antigxs membrxs como xs futurxs que non estean no devandito momento, non se considerarán destinatarixs dos datos. X administradxr do grupo poderá engadir ou expulsar a calquera membrx do grupo sen aviso previo.

DESTINATARIXS DOS DATOS:

O seu nome ou alias, número de teléfono e conversacións achegadas ao grupo serán visibles axs outrxs membrxs do grupo, que, como Vd., deron o seu consentimento para alcanzar o devandito fin.

USO DOS DATOS:

Queda terminantemente prohibido o uso da información contida no grupo para outros fins, inclusive a comunicación a terceirxs non pertencentes ao grupo.

CONSERVACIÓN DE DATOS:

Mentres se pertenza ao grupo poderase gardar o histórico de conversacións que sexan necesarias para o fin descrito. Cando un/ha/he membrx sexa expulsadx do grupo deberá eliminar inmediatamente todas as conversacións deste, agás se se require a súa conservación por unha obrigación legal ou para a lexítima defensa dx membrx expulsadx, nese caso deberase bloquear toda a información e limitar o seu tratamento en tanto que puidesen derivarse responsabilidades da súa relación con outrxs membrxs do grupo. X administradxr do grupo poderá conservar indefinidamente os datos e mensaxes de todxs xs membrxs que permanecesen no grupo ata a eliminación definitiva dx mesmx, agás que se requira a súa conservación polos mesmos motivos que calquera outrx membrx deste.

DEREITOS DX USUARIX:

Poderá retirar este consentimento en calquera momento e exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición que prevé o Regulamento comunicándoo ao administradxr do grupo mediante unha mensaxe privada. En todo caso, considerase que o tratamento de datos non se axusta á normativa vixente, sempre poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control en www.aepd.es

Se consente o tratamento dos seus datos nos termos expostos debe sinalar a casilla de verificación correspondente