O 25N, día contra as violencias machistas, convocamos a todas as mulleres e persoas NB a sumarse a este acto de visibilización tan importante. Chegará o día no que se entenda que as mulleres trans tamén sufrimos violencia machista, o día no que todas as nosas asasinadas, violadas e vilpendiadas polo patriarcado non teñan que pedir permiso nin porfavores para seren incluídas nesta loita xeral. Pero a realidade hoxe en día é outra, e vén revestida de negacións e exclusións constantes nos discursos feministas enarbolados por institucións e algúns grupos de persoas. É por iso polo que da man da batukada feminista e outros colectivos feministas de Compostela imos facer este acto de visibilización antes da mani xeral.

Ayúdanos a difundir, comparte Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email