O pasado 3 de abril pasamos un día fantástico co profesorado, familias e alumnado do IES Pedra da Aguia de Camariñas, onde non só disfrutamos moito dando dúas charlas sobre diversidade sexual e de xénero ó alumnado de 1º e 2º da ESO e outra de 3º e 4º da ESO, tamén nos convidaron a unha fabulosa comida.

Xa pola tarde, despois dunha boa sobremesa e cunha mellor conversa, tivemos outra formación dirixida as familias.

Un día ben completo cunha comunidade educativa moi implicada e concienzada co dereito a diferencia.