Para poder seguir levando sorrisos a moitxs menores, acabamos de facer ocalendario solidario que te presentamos e que forma parte dunha nova campaña de visibilización que estamos a facer e que se chama #TRANScendendoonormativo.

A campaña consiste en 12 fotografías de membrxs de ARELAS ou que comparten a nosa loita, que nos recordan todos os dereitos que aínda quedan por acadar e cantos temos logrado nestes últimos anos. As 12 fantásticas fotografías foron realizadas por Alberto Ribas un viaxeiro empedernido que sempre é capaz de captar o mellor das cousas.

Todo o diñeiro recaudado ca venta destes calendarios irá destinado a realizar un novo encontro de crianzas e mozxs trans, cheo de actividades, obradoiros e moitos momentos de diversión, para que poidan comezar o ano 2020 cargadxs de bo rollo e enerxía positiva.

Como ves, grazas a túa solidariedade imos lograr que moitas crianzas e mozxs trans sigan sorrindo. Se eres unha das persoas que vas ou acabas de mercar este calendario que con tanta ilusión temos feito, animámoste a que nos envíes unha fotografía co noso calendario para poder publicala neste perfil, grazas por facelo posible.

Para poder mercar o calendario solidario de Arelas 2020 podes facelo nos seguintes lugares:

LUGO:
LibreríaTrama, Avda Coruña,21 (galerías).
SANTIAGO:
Quiosco Concheiros, Rúa dos Concheiros, 39.
Lila de Lilith, Rúa Travesa, 7.
Cronopios, R/Alfredo Brañas, 24
AMES:
Papelería O Tinteiro, R/Anxeríz, 16 – Milladoiro
CEE:
Librería Fersi, Calle la Flor, 7
TEO:
Libraría d’Ana, AC-84, nº 18 – A Ramallosa
A CORUÑA:
Libraría Lume, R/Fernando Macías, 3.
Mahara Taberna Rock, R/Orzán, 36
PONTEVEDRA
LibRería Paz ,Rúa Peregrina, 29.
Librería Seijas, Av. de Vigo, 13.
Librería Luna Nueva, Rúa Doutor Loureiro Crespo, 63 bajo.
MARIN
Librería Maky, Rúa Concepción Arenal, 8.
VIGO:
Libros Para Soñar, R/Triunfo, 1

Dende ARELAS queremos agradecer a todos estes negocios que tan xenerosamente nos están a axudar na venda dos calendarios.