En xullo pasado conformouse a Confluencia Trans Estatal da que forman parte entidades de toda España, e da que ARELAS tamén forma parte.

Esta confluencia crease para visibilizar de maneira conxunta a situación estrutural de discriminación cara ao colectivo,entendendo que o momento sociopolítico é idóneo para facer posible un cambio que veña a reparar, recoñecer dereitos e a protexer xuridicamente o dereito á libre determinación da identidade e expresión de xénero.

As entidades que formamos parte da confluencia trans reclamamos unha lei trans estatal para este colectivo integral e transversal para dar respostas, entre outros aspectos, á identidade legal e o acceso ao mercado laboral desde a despatoloxización das identidades trans.

Máis información aquí.