O final non puido ser, Sorrisos Transformadores non levou o premio á mellor serie web. Noraboa xs gañadores Dinosaurios!! Moitas grazas xs académicxs a nominación dun traballo feito con moito agarimo, tratando de visibilizar e sensibilizar sobre a realidade trans na Galiza.

Agradecer de novo á Deputación Pontevedra por crer sempre neste proxecto e no traballo de ARELAS. Milleiros de grazas a Islandia Producciones e máis nomeadamente a Noemi Chantada por lograr sacarnos os mellores Sorrisos transformadores e por saber ler perfectamente as demandas de moitas personas trans.

Un agradecemento moi especial a todas as persoas que tan xenerosamente colaboraron e se visibilizaron na campaña, Laura Bugalho Joana Beltranexa , Río, Hugo Pérez Fernández, Pablito San Jose , Ivana Lopez Gay , Jesus Covas Ferreiro Penélope Alonso ,Carmen Fernandez Morante e Miguel Vieito Villar .

Pero non queremos nin podemos deixar de recoñecer a todas esas crianzas e adolescentes trans, a súa loita diaria polo seu dereito a Ser en contra moitas veces, da súa propia familia, entorno e sociedade. Non deixedes de loitar nunca porque ó final prevalecerá o voso dereito a ser felices. E ó resto da sociedade lembrar o lema da nosa campaña para transformar á sociedade: Respecta-Sensibiliza-Defende-Iguala-Vive-e deixa Vivir.

Pinchar para ver o vídeo.

Seguimos!!

Ayúdanos a difundir, comparte Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email