31 de marzo Día Internacional da visibilidade Trans.

Dende ARELAS, temos coñecido, acompañado e asesorado a máis de 220 vivencias trans que reclaman axuda para poder vivirse libremente ca súa identidade sentida, en ocasións, mozxs non acompañadxs polas súas propias familias.

Unha realidade que moitas persoas trans adultas coñecen ben: cuestionamento e patoloxización das súas identidades, rexeitamento social e familiar, acoso escolar que trae o fracaso e abandono dos estudios, agresións por odio, exclusión laboral e social, asesinatos,… Castigos que seguen a ocorrer precisamente por ser visibles.

Por iso desde ARELAS, no día da Visibilidade Trans, queremos facer un sentido recoñecemento ás persoas trans visibles, porque grazas á súa valentía e xenerosidade moitas outras persoas trans poden dar o paso de loitar empoderadas polo seu Dereito a Ser.

Un dereito cada vez máis próximo grazas a esa revolución Trans que moitas persoas iniciaron, e que as familias tratamos de acompañar.

Por todas as que primeiro se visibilizaron, as que se visibilizan e se visibilizarán, feliz día!!💜🤩