Neste 17 de maio, día internacional contra a LGTBI+fobia, reclamamos unha vez máis, o dereito das crianzas e mozxs LGTBI+ a poder desenvolver libremente a súa personalidade conforme á súa identidade e/ou orientación sexual. Reivindicamos o dereito á súa autodeterminación e autonomía para poder decidir sobre como amar, ser, vivir e expresar o xénero libremente.

Facemos unha nova chamada ás familias e profesionais que non respectan nin apoian, para que escollan o carreiro do coñecemento, empatía, respecto e acompañamento. Neste día contra a LGTB+fobia, Infancias e Mocidades LGTBI+ libres e autodeterminadas! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧