‘ARELAS’ Asociación de familias de menores Trans*

ARELAS, é unha asociación formada por familias de nenxs e adolescentes trans. Vivimos o tabú existente na sociedade con respecto á transexualidade e a diversidade sexual en xeral. Vimos como ese tabú o sentiron xs nosxs fillxs xa que desde ben pequenxs observan, que por encima de todo, xs equivocadxs son elxs e que polo tanto deben axustarse ao que a sociedade entende por “normal”. En cada familia vive e enfronta estes prexuízos dunha maneira distinta pero todas, máis tarde ou máis cedo, decidimos que ante todo, o máis importante era a felicidade dxs nosxs fillxs.

Dende a asociación de familias de menores trans*, traballamos e promovemos a defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.